Convocatoria de axudas a comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) para o ano 2021
O pasado 9 de febreiro a Xunta de Galicia publicou no DOGA a convocatoria de axudas a comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) para o ano 2021.
Co obxectivo de impulsar a boa gobernanza das CMVMC, estas axudas contemplan 4 liñas de actuación:
1. Servizo de apoio técnico para a xestión forestal
2. Revisión de esbozos das carpetas-ficha en CMVMC
3. Deslindamentos parciais entre CMVMC
4. Deslindamentos parciais entre a CMVMC e propiedades particulares
INTENSIDADE DAS AXUDAS
A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, limitada por beneficiaria a un máximo de 25.000 € (...)
O importe da axuda calcularase sobre o custo real do investimento determinado na correspondente memoria e tendo en conta o anexo IV do D.O.G en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada actuación obxecto de axuda.
Como enxeñaría especializada en deslindes, Leiras pode dar o servizo de revisión de esbozos e de deslidamentos, nas 2 modalidades, para acadar un monte ben delimitado e sen conflitos de lindes.
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 30 de xuño de 2022
Desde Leiras animamos a todas a CMVMC galegas a solicitar as axudas e ofrecemos a nosa colaboración para realizar este trámite.
Boa colleita !